CRTVG

Buscar

O Brasil supera os 225.000 mortos pola COVID−19

Publicado o 02/02/2021 11:46

No Brasil o último rexistro diario de coronavirus, con 595 novos falecementos, eleva a máis de 225.000 as persoas mortas pola COVID−19.

Os rexistros da última semana reflicten unha media de falecemtos de mil persoas cada día. As cifras seguen a ser moi elevadas tamén no tocante a contaxios, con máis de 24.500 novos infectados diarios.

Esta evolución confirma O Brasil como o país máis afectado pola pandemia en América Latina e manteno como segundo país do mundo con maior número de mortos, despois dos Estados Unidos, e o terceiro con máis contaxios.

Noticias web

02/02/2021