CRTVG

Buscar

O Brasil proba en voluntarios unha vacina fabricada por un laboratorio chinés

Publicado o 22/07/2020 08:56

No Brasil xa están a probar en voluntarios as primeiras doses da vacina desenvolvida por un laboratorio chinés.

Os primeiros avións chegaron coas primeiras 20.000 doses, no que se cualificou como unha xornada histórica. Unha médica do Hospital das Clínicas foi a primeira que recibiu a vacina denominada CoronaVac. Está previsto que as probas en voluntarios conclúan en tres meses na que é última fase antes da homologación do fármaco.
Este avance provocou unha denuncia dos Estados Unidos. O Goberno de Trump acusa A China de piratear datos sobre a vacina contra a COVID-19 a empresas dunha ducia de países.

Noticias web

22/07/2020