O Brasil, epicentro da pandemia en América Latina, con máis de 32.000 mortos
Publicado o 04/06/2020 08:57
O coronavirus deixa xa no Brasil máis de 32.000 mortos e máis de medio millón de contaxiados, o que converteu no epicentro da pandemia en América Latina.
A pesar disto, varios gobernos rexionais e municipais comezan a preparar a desescalada para reactivar as súas economías.
O presidente Bolsonaro dixo, a preguntas dunha seguidora, que lamentaba os mortos polo coronavirus, pero que a morte era o destino de todo o mundo.