O Brasil chega a 6.329 mortos e 91.000 positivos en coronavirus
Publicado o 02/05/2020 10:42
Brasil rexistrou 428 mortes nas últimas 24 horas polo que o reconto de falecidos ascende a 6.329 mentres que os contaxios chegan ata os 91.589, segundo informou o Goberno brasileiro.
Ante o agravamento da crise, o estado de Maranhão será o primeiro en sufrir o confinamento total da poboación. A pandemia avanza tamén entre as comunidades indíxenas, máis vulnerables porque algunhas etnias non teñen anticorpos para enfermidades como a gripe.