CRTVG

Buscar

O Brasil achégase aos 300.000 falecementos por covid−19 tras alcanzar un novo máximo de mortes en 24 horas

Publicado o 24/03/2021 08:38
O Brasil achégase aos 300.000 falecementos por covid−19 tras alcanzar un novo máximo de mortes en 24 horas

O Brasil volve marcar un máximo en vítimas mortais por coronavirus. Os datos deste martes cifran en 3.251 os falecementos en 24 horas. É a cifra máis alta de toda a pandemia. Se non cambia a tendencia, o país alcanzará hoxe as 300.000 mortes por covid−19.

O presidente Jair Bolsonaro nun discurso en televisión intentou transmitirlle tranquilidade á poboación. Nun ton suave, desta volta evitou críticas a alcaldes e gobernadores que decretaron confinamentos parciais e afirmou que o país ten garantidas para este ano 500 millóns de vacinas.
En moitas cidades, o discurso de Bolsonoro estivo acompañado de cazoladas.

Noticias web

24/03/2021