CRTVG

Buscar

O botellón volve lixar a contorna da catedral de Lugo

Publicado o 10/09/2021 14:30
O botellón volve lixar a contorna da catedral de Lugo

A contorna da catedral de Lugo amenceu chea de lixo dos restos do botellón nocturno. Cristais, bolsas de plástico, latas e botellas continuaban tiradas no adro á media mañá. O grupo municipal popular recrimina ao Concello que non prevese un dispositivo de limpeza especial para esta zona e incide na mala imaxe que ofrece aos peregrinos, xa que por aquí pasa o Camiño Primitivo. 

Noticias web

10/09/2021