O bonito e o polbo volven estar presentes nas mesas de verán
Publicado o 22/07/2021 16:48
O bonito e o polbo regresaron ás nosas mesas e volven ser algúns dos produtos mais solicitados estes días nos nosos mercados municipais. E moitas persoas achéganse ata puntos coma o mercado do Calvario, en Vigo para poder mercalos. Un dos máis solicitados, o bonito do norte que ven desde puntos coma Burela e que seu prezo rolda entre os sete e os dez euros, e ademais agora está de tempada nos meses de xullo e agosto. Outro dos máis solicitados e tamén dos imprescindibles nas mesas galegas, o polbo, aínda que o seu prezo é un pouco máis caro, desde os 13 ata os 18 euros. E a compra non remata aí, despois xouba, xurelo, todo iso por levar o mar ao prato e logo, á nosa boca.