CRTVG

Buscar

O bombos para o sorteo extraordinario de Nadal están xa no Palacio Real

Publicado o 15/12/2020 14:54

Os bombos, as bólas e todo o material que se utilizará no sorteo extraordinadio de Nadal da Lotería Nacional están xa no Teatro Real de Madrid, sede do evento que se celebra o próximo día 22.

O traslado efectuouse seguindo un estrito protocolo de seguridade sanitaria anticovid, ao que tiveron que someterse tamén os profesionais encargados do traslado e montaxe dos elementos do sorteo.

O primeiro en ser levado ao teatro madrileño foi o bombo grande, e logo foron chegando o resto dos materiais. O sorteo extraordinario de Nadal repartirá 2.408 millóns de euros en premios.

Noticias web

15/12/2020