O bolo de San Gregorio será doado ás familias máis necesitadas de Meis
Publicado o 17/04/2020 14:24
Esta imaxe non se poderá ver este ano, os veciños de Paradela en Meis, recollendo os ovos casa por casa para elaborar o seu tradicional bolo de San Gregorio. Nesta ocasión non poderá ser de récord Guiness e os 6.000 ovos que empregan quedan reducidos a uns 900.
Este ano, a comisión de festas, decidíu doar o bolo ás familias en peor situación.
Un ferreiro fabricou o molde e o bolo cocerase dende o sábado pola tarde ata o domingo, que é cando se repartirá.