CRTVG

Buscar

O bo tempo da fin de semana axuda a aliviar algo o sector hostaleiro

Publicado o 05/04/2021 14:43

Marzo despedíuse con sol e calor, e entramos en abril con frío e treboadas. Unha inestabilidade típica da primavera.

Chegaron case a trinta graos na cidade da Coruña e superáronos na comarca da Arousa. A máxima rexistrouse o mércores en Boiro, e malia que o xoves estivo regular, recuperaron o sol e a calor e  salvaron a ponte mellor do que contaban.

Aproveitamos a praia na costa, e ateigamos as terrazas no interior. Houbo moita xente en Santiago, e en Padrón, que tería que estar na semana grande da Pascua, tamén superaron as escasas expectativas que tiñan.

Tamén foi boa a ponte no parque nacional das Illas Atlánticas, que recuperou a afluencia de visitantes. Case 5000 persoas viaxaron ás Cíes ou a Ons durante a semana pasada. 

 

 

Noticias web

05/04/2021