CRTVG

Buscar

O bo tempo anima as viaxes para ir a Cíes

Publicado o 31/05/2019 17:14

O bo tempo anima as viaxes ás illas Cíes. De cara á fin de semana as prazas están case esgotadas. A pesar de ser día laborable, eran moitas as persoas que esta mañá facían longas colas para embarcar cara ao arquipélago. Os que desexen realizar a viaxe deben apurarse a solicitar a praza. O domingo a ocupación está completa nos barcos que operan esta ruta.

Por outra banda, co comezo do mes de xuño e coincidindo coas elevadas temperaturas, as navieiras poñen en marcha as frecuencias para a illa de Ons dende Vigo, Sanxenxo, Portonovo e Bueu.



 

Noticias web

31/05/2019