CRTVG

Buscar

O bo tempo anima a ocupación hoteleira nas zonas de costa a fin de semana

Publicado o 28/05/2021 13:57

Os hoteis de maior capacidade de Sanxenxo reabren desde hoxe a diario, despois de meses en que só funcionaron as fins de semana. Ambiente animado e optimista entre o persoal que ultimaba todo esta mañá para recibir aos hóspedes que case encherán os cuartos a partir desta tarde.

A reactivación do sector turístico supón tamén un balón de osíxeno para a economía e o emprego. As previsións son optimistas tamén de cara ao mes de xuño e á campaña de verán porque as reservas van a bo ritmo.

O turista que visita Sanxenxo estas fins de semana é maioritariamente galego, pero de cara ao verán, as reservas proceden xa doutras comunidades como Castela e León, Madrid ou Asturias e tamén de Portugal.

Noticias web

28/05/2021