CRTVG

Buscar

O BNG vai presentar varias iniciativas contra o acoso escolar

Publicado o 18/03/2021 15:48

O BNG vai presentar varias iniciativas para chamar a atención sobre o problema do acoso escolar. Segundo Manuel Lourenzo, hai moitos máis casos dos que se rexistran nas estatísticas oficiais.

O deputado nacionalista asegura que case o 22 % do alumnado galego recoñece que sufriu acoso nalgunha ocasión. Porén, oficialmente só están recoñecidos 71 casos.

 

Noticias web

18/03/2021