O BNG reclama medidas para frear a suba do recibo da luz
Publicado o 06/07/2021 16:07
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou medidas que axuden a paliar a suba do recibo da luz.
Pontón levou ata Vigo a campaña que a formación nacionalista está desenvolvendo por toda Galicia contra o encarecemento da tarifa eléctrica. Di que é un abuso que prexudica as familias e empresas. O BNG defende que se poña en marcha unha tarifa elétrica galega.