O BNG quere un rescate para a hostalería que cubra as perdas dos meses de pandemia
Publicado o 11/03/2021 17:20

O BNG vai presentar no Parlamento a petición dun plan de rescate para a hostalería que cubra as perdas destes meses de pandemia.
Anunciouno a súa voceira, Ana Pontón, despois de reunirse con representantes do sector. Pontón cre que os hostaleiros deben recibir fondos que cubran as perdas de facturación, tal e como fixeron, por exemplo, en Alemaña.
Tamén reclama rebaixas e exencións fiscais para que moitos negocios non teñan que pechar.