CRTVG

Buscar

O BNG queda só en defensa dunha tarifa eléctrica galega para abaratar o prezo da luz

Publicado o 14/09/2021 15:20

A factura da luz centrou esta mañá o inicio do pleno do Parlamento. O BNG propuxo crear unha tarifa eléctrica galega coa premisa de que somos excedentes en enerxía e que merecemos unha factura máis barata. O argumento foi desbaratado polos outros grupos da cámara.

Os populares recordaron que os galegos pagamos 700 millóns de euros pola enerxía, pero o custo de produción e de 900. Así que sería un mal negocio a tarifa eléctrica galega.

Os socialistas acusaron o BNG de centrarse só nunha propaganda nacionalista que non resolve os problemas.

 

Noticias web

14/09/2021