CRTVG

Buscar

O BNG promete duplicar o investimento en I+D+i

Publicado o 16/06/2020 15:29

O BNG comprométese a multiplicar por dous os cartos dedicados a investigación. É unhas das liñas do seu programa electoral para a cita do 12 de xullo.

A candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, visitou o Centro de Investigación de Medicina Molecular da Universidade de Santiago. Alí expresou o seu convencemento de que hai que dotar de máis recursos a ciencia, tanto para salvar vidas como para crear emprego estable.

 

Noticias web

16/06/2020