O BNG presenta "Xerar Futuro. Galiza Next" para mobilizar máis de 14.000 millóns de euros para saír da crise
Publicado o 13/02/2021 15:24
A voceira nacional do BNG presentou este sábado en Compostela o programa Xerar Futuro, Galiza Next.
Nese programa recóllese a proposta dos nacionalistas para que Galicia obteña o maior beneficio dos fondos europeos de recuperación. Segundo Ana Pontón, queren dar resposta aos retos aos que se enfronta Galicia, "uns retos acelerados pola pandemia".
Para iso o BNG quere mobilizar máis de 14.000 millóns de euros durante os próximos dez anos para desenvolver proxectos estratéxicos que senten as bases, din, dunha Galicia "próspera, innovadora, científica, social e feminista" e "cun servizos públicos fortes".