CRTVG

Buscar

O BNG presenta un Decálogo por un Novo Ferrol, unha proposta para revitalizar a comarca

Publicado o 10/09/2021 15:14

O BNG propón un decálogo de medidas para o futuro de Ferrolterra. Ana Pontón presentou esta proposta como un compromiso coa comarca, para aproveitar o seu potencial industrial, enerxético e natural. Entre as súas prioridades está recuperar o sector naval da ría.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG: "Este Decálogo por un Novo Ferrol condensa propostas estratéxicas para sacar a Ferrol do pozo e iniciar unha nova etapa en que se aposte por asentar industria, por unha transición ecolóxia xusta, por un futuro onde a ría sexa un elemento central".

 

Noticias web

10/09/2021