CRTVG

Buscar

O BNG presenta o seu novo lema 'Gañar unha nova Galiza!'

Publicado o 07/10/2021 14:35

O Bloque Nacionalista Galego presentou o seu novo lema para a súa asemblea nacional: 'Gañar unha nova Galiza'. A asemblea será o 7 de novembro na Coruña. A formación arranca unha nova etapa, que están convencidos liderará a actual voceira Ana Pontón, que segue no seu proceso de reflexión sobre o seu futuro.

"Poñernos a traballar desde xa para que en 2024 a Xunta de Galicia estea presidida por primeira vez por unha muller e, sobre todo, por unha muller nacionalista, feminista como é, estou segura, Ana Pontón", asegurou a deputada nacionalista Olalla Rodil.

Noticias web

07/10/2021