O BNG presenta en Allariz as súas propostas para un desenvolvemento sustentable
Publicado o 22/05/2021 16:42
O Bloque Nacionalista Galego tamén fixo as súas propostas para un desenvolvemento sustentable.
A súa voceira nacional foi hoxe ata Allariz, coincidindo co Día Mundial da Biodiversidade. Ana Pontón puxo este concello ourensán como modelo para o resto de Galicia.
"Nesta pandemia vimos como manter a biodiversidade é unha grande oportunidade e unha necesidade se queremos poder frear posibles pandemias no futuro, enfrontar o cambio climático", explicou Ana Pontón.