CRTVG

Buscar

O BNG pídelle a Ábalos unha nova investigación técnica do accidente de Angrois

Publicado o 28/01/2020 17:54
O BNG pídelle a Ábalos unha nova investigación técnica do accidente de Angrois

O BNG pídelle ao Ministerio de Transportes unha nova investigación técnica do accidente de Angrois. Faino tras o encontro que Néstor Rego mantivo coas vítimas do sinistro do Alvia. A formación nacionalista fai a petición ao considerar que a anterior investigación foi insuficiente porque só se centrou no maquinista e no exceso de velocidade.

Néstor Rego non descartou pedir a reapertura da Comisión de Investigación no Congreso, que quedou paralizada pola convocatoria de eleccións.

O portavoz das vítimas pídelle ao Goberno datos veracez para dirimir responsabilidade políticas e técnicas.