CRTVG

Buscar

O BNG pide que se cree unha tarxeta transfronteiriza que se poida usar na raia de Galicia con Portugal

Publicado o 29/09/2020 16:50

O BNG propón crear unha tarxeta que se poida usar na fronteira de Galicia con Portugal para garantir a actividade económica en caso de que se peche de novo o acceso ao país veciño por mor da covid-19. Unha iniciativa que a formación rexistrou no Parlamento de Galicia.

Así o manifestou Ana Pontón tras a xuntanza que mantivo con alcaldes nacionalistas do Baixo Miño. Pontón tamén salientou a necesidade de mellorar a comunicación ferroviaria entre Vigo e O Porto.

 

Noticias web

29/09/2020