O BNG pide no Congreso a nacionalización de Alcoa
Un dos grandes problemas a que se enfronta Galicia é o futuro da súa industria. O caso máis preocupante arestora é o de Alcoa. A multinacional activou o despedimento de máis de cincocentos traballadores. Hoxe o conflito volve ao Congreso. Na comisión de industria, o BNG volverá pedirlle ao Goberno que nacionalice a planta.
O BNG pedirá no Congreso a nacionalización da planta para impedir o despedimento dos traballadores. Néstor Rego defende que a nacionalizacion é a única saída para salvar a planta despois de que a empresa comunicara a parada das cubas e os despedimentos.
Hai emendas que se están negociando actualmente. Hoxe o asunto entrará tamén no pleno do Congreso por unha iniciaiva sobre o estatuto para o consumidor electrointensivo que o Goberno central aínda non aprobou.