O BNG pide máis recursos e menos improvisación para o curso escolar 2020-2021
Publicado o 12/06/2020 15:11
O Goberno galego debe reclamar un reparto xusto dos fondos do Estado e da Unión Europea.
É a reclamación que fixo a candidata do BNG á presidencia da Xunta no acto de presentación da lista electoral por Pontevedra.
Ana Pontón considera que hai moita improvisación respecto a como se vai poñer en marcha o próximo curso escolar.
Asegura que a Xunta non pode poñer a escusa de falta de cartos para non contratar máis profesores.