CRTVG

Buscar

O BNG pedirá a retirada da lei da auga por impor "un imposto á chuvia"

Publicado o 20/09/2021 16:50
EFE

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou este luns que a súa formación esixirá no Parlamento galego e nos concellos a retirada do proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga que debería chamarse "a lei do sablazo da auga" xa que pretende implantar un "imposto á choiva".

Así o sinalou a dirixente nacionalista despois de manter un encontro con alcaldes e responsables municipais do BNG para analizar a repercusión desta norma que está en período de alegacións. Pontón sostivo que esta lei "vai multiplicar por tres a carga fiscal do ciclo da auga sen que supoña ningunha mellora" porque por parte do Goberno galego "non hai interese real por resolver a xestión do ciclo da auga e hai un incremento de cargas fiscais e sancións aos concellos".

"O que vai facer o Goberno de Feijóo é incorporar un canon pola choiva, despois do imposto ao sol", reprochou. En opinión de Pontón, esta norma impulsada pola Xunta "subirá impostos ás empresas, concellos e a todos os galegos" no que debería ser entendido como un ben de primeira necesidade. Ademais, Pontón denunciou que a través da mesma a Xunta traslada as obrigas e competencias a concellos e deputacións porque novamente Núñez Feijóo "busca a quen trasladar as responsabilidades".

Noticias web

20/09/2021