O BNG fai un chamamento á participación nas urnas
Publicado o 08/11/2019 15:13
Último día de campaña, que o BNG aproveitou para reunir en Santiago os candidatos ao Congreso polas catro provincias.
Xunto a Néstor Rego, Olalla Rodil, Francisco García e Carme da Silva, estivo tamén Ana Pontón, facendo un chamamento á participación o vindeiro domingo.