CRTVG

Buscar

O BNG esixe o "rescate" da AP-9 e reprobar os gobernos polas prórrogas

Publicado o 01/10/2021 16:33

Desde o BNG seguen pedindo que se anulen as concesións da AP-9 a Audasa. Entenden que debe facerse logo do expediente aberto a España por parte da Unión Europea. En calquera caso, esta demanda non a utilizarán como esixencia cando se negocien os orzamentos do Estado.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou este venres que o seu grupo demandará no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados o "rescate da AP-9" despois de que Bruxelas expedientara a España pola ampliación da concesión da autoestrada ata 2048.

Ademais, os nacionalistas tamén pedirán que se reprobe aos Gobernos do PP e do PSOE que "aprobaron unhas ampliacións que son ilegais" e que supuxeron que os galegos pagasen "1.091 millóns de euros en peaxes ilegais".

Noticias web

01/10/2021