O BNG di que ten que estar en Madrid para reclamar o que Galicia necesita
Publicado o 01/11/2019 00:35
O BNG escolleu A Coruña para abrir a campaña. Alí, a portavoz nacional, Ana Pontón, arroupando ao cabeza de lista pola provincia, fixo un chamamento á cidadanía. Di que o nacionalismo ten que estar en Madrid reclamando o que Galicia necesita. O BNG afronta esta campaña como unha segunda oportunidade. Din que pelexar polo futuro é o que está en xogo o 10 de novembro.