O BNG cre que Feijóo non deu o talle e repróchalle "desertar" das súas funcións
Publicado o 31/12/2020 19:46
O BNG cre que o goberno galego non estivo á altura da pandemia. A líder dos nacionalistas, Ana Pontón, repróchalle a Núñez Feijóo que non tomase nota das leccións que deixa a crise, como a necesidade de blindar a sanidade pública ou poñer en marcha un novo modelo de coidados para os anciáns.
"Os galegos e galegas deron a talla, estiveron á altura, pero non o estivo o goberno de Feijóo. Durante toda esta pandemia foi incapaz de anticiparse, de tomar decisións que permitiran protexer mellor a nosa sociedade e non tomou nota das leccións que nos deixa esta pandemia", lamenta Pontón