O BNG cre precipitado o alivio das medidas e o PSdeG fala de blindar Galicia na ponte
Os grupos políticos da oposición reaccionaron esta mañá ao plan de desescalada anunciado polo Goberno galego.
Os socialistas apoian as medidas do comité clínico, pero piden que se limiten as entradas á nosa comunidade para a ponte. Gonzalo Caballero fala de blindar Galicia.
"Nós, dende logo, estamos na idea de que haxa un proceso de primar a saúde, sen marcar o confinamento que pediu o BNG no Parlamento galego hai unhas semanas, pero ao mesmo tempo cremos que blindar as entradas na comunidade galega dende outras comunidades é unha medida que parece coherente", salientou Gonzalo Caballero.
Pola contra, o BNG considera precipitado o alivo das restricións.
"Parécenos precipitado iniciar unha desescalada nun momento en que os datos, aínda sendo mellores, o que nos están indicando é que debemos ser prudentes, que debemos extremar as precaucións para non tirar pola borda o esforzo que fixemos durante estas semanas", dixo Ana Pontón.