O BNG confía en liderar un proxecto de cambio ante as próximas eleccións autonómicas
Publicado o 30/05/2020 13:22
O Bloque Nacionalista Galego tamén avanza no seu calendario electoral. A voceira nacional e candidata, Ana Pontón, mantivo un encontro de traballo coa comisión de seguimento de campaña. Nesta xuntanza participaron tamén as persoas que encabezan as listas provinciais e outros dirixentes da organización. Ana Pontón confía en liderar un proxecto de cambio.