CRTVG

Buscar

O BNG celebra os resultados das eleccións

Publicado o 18/07/2020 16:36

O Bloque Nacionalista Galego celebrou o seu Consello Nacional. A cita deste mediodía comezaba deste xeito.
Con aplausos. Un longo aplauso para celebrar os resultados colleitados nas eleccións autonómicas do domingo pasado. A voceira nacional reivindicouse como a candidata para un cambio galego ao que xa lle puxo como data o ano 2024. Ana Pontón agradeceu os máis de 300 mil votos e as 19 escanos conseguidos. O Bloque triplica votos e representación no Parlamento galego e, segundo dixo Ana Pontón, teñen que ser o mellor estimulo para traballar nos vindeiros anos.

 

Noticias web

18/07/2020