CRTVG

Buscar

O BNG aposta por unha enerxía eólica en beneficio das familias e das empresas

Publicado o 23/10/2021 12:43

O Bloque Nacionalista Galego dedicoulle este sábado unha xornada á enerxía eólica no Parlamento de Galicia. Os nacionalistas analizaron os problemas de hoxe e as alternativas para o futuro.

A súa voceira nacional, Ana Pontón, apostou pola participación pública nos beneficios dos eólicos, así como por vincular a instalación de parques coa xeración de emprego e riqueza en Galicia. Ademais, propón estender a Rede Natura ata o 20 % do territorio e unha tarifa eléctrica propia.

Segundo dixo, o proxecto da súa formación defende "un modelo eólico respectuoso" fronte ao "depredador e especulativo" que promove a Xunta con Alberto Núñez Feijóo como presidente. 

Noticias web

23/10/2021