O BNG apoiará a investidura da socialista Inés Rey na Coruña
Publicado o 12/06/2019 08:04
O BNG acordou facilitar a investidura da socialista Inés Rey como alcaldesa da Coruña. É o que acordou a asemblea local do Bloque.
O cabeza de lista do BNG, Francisco Jorquera, informou de que lles remitiran aos socialistas as súas propostas de cara a establecer, dixo, "un marco de relación político e programático".
Onte á tarde, o PSOE mantivo o seu primeiro encontro cos dirixentes da Marea Atlántica, que tamén avanzou o seu apoio a Inés Rey.