CRTVG

Buscar

O BNG alíase co Bloco de Esquerda portugués para darlles pulo ás insfraestrutras, o idioma e a cultura

Publicado o 14/12/2020 14:48

O Bloque Nacionalista Galego alíase co Bloco de Esquerda, fóra xa do Goberno portugués, para darlle pulo ás insfraestrutras, o idioma e a cultura. Traballan nunha estratexia conxunta para a conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal. 

Entre outros, reclaman a modernización da liña entre Vigo e Portugal e darlle pulo ao corredor atlántico de mercadurías con Europa. Fano coa vista posta nos fondos de axuda europeos. Consideran que son fundamentais para a economía da eurorrexión.

Ana Pontón di que para conseguilo hai que sumar forzas nun polo Atlántico que "exerza infuencia" e que actúe de contrapunto "a un centralismo que ameza con deixarnos fóra na primeira velocidade". "Temos que desenvolver unha estratexia atlántica fronte o centralismo", di a líder do BNG.

Noticias web

14/12/2020