CRTVG

Buscar

O bispado de Lugo conta xa co primeiro peto dixital de Galicia

Publicado o 18/06/2019 21:39

O bispado de Lugo conta xa co primeiro peto dixital de Galicia, unha opción máis para os que queiran facer doazóns á Igrexa a través da Rede. A diocese de Lugo abriu unha alternativa a este xesto cotiá de meter os cartiños nos petos ou boetas que hai nas igrexas.

Algúns dos católicos que atopamos esta mañá na catedral de Lugo non están moi conformes con que agora se poidan facer doazóns por Internet, pero as redes tamén chegaron á Igrexa. Non hai que descargar ningunha aplicación, se un quere doar e é usuario da banca electrónica ten a doazón a un clic, xa que os portais bancarios adoitan ofrecer esa opción.

O ano pasado, nos petos recadouse aproximadamente un millón de euros, un terzo do presuposto da diocese.


 

Noticias web

18/06/2019