CRTVG

Buscar

O Bergantiños non poderá xogar a Copa co Sevilla nas Eiroas

Publicado o 28/11/2019 21:06

Contratempo para o Bergantiños para recibir o Sevilla. A Federación Española de Fútbol considera que o campo das Eiroas "non é apto" para disputar o partido contra o Sevilla de Copa do Rei do 18 de decembro.

Desde o club galego afirman que a decisión da Federación lles supón "un golpe moral". O Concello di que xa estaba realizando obras de mellora nas instalacións.

A Federación esíxelle ao Bergantiños que propoñan un escenario alternativo antes do vindeiro luns ás 2 da tarde. Unha das opcións que barallan desde o club é levar o partido ao estadio de Riazor.

Noticias web

28/11/2019