O Bergantiños consegue o ascenso á Segunda Federación
Publicado o 03/05/2021 19:52
O Bergantiños conseguiu o ascenso á Segunda Federación, coma o Arenteiro. O equipo de José Luis Lemos superou o Arousa con goles de Agulló e Uzal. Trinta anos despois, o equipo de Carballo volve a esta categoría. Xornada festiva nas Eiroas.