CRTVG

Buscar

O BBVA propón investir as axudas da UE pola pandemia en sectores clave como o biosanitario

Publicado o 14/04/2021 21:44

O BBVA propón que os fondos da Unión Europea para paliar a crise económica causada pola pandemia se invistan en biosanidade. Nun encontro con empresas pioneiras do sector, o country manager do BBVA en España dixo que a covid evidenciou a importancia da investigación e da tecnoloxía en sectores vinculados coa saúde.

"Temos unha oportunidade histórica para a transformación e a modernización da economía española. Debemos aproveitar estes fondos para corrixir determinadas deficiencias históricas que ten a nosa economía e apostar por un modelo máis competitivo e máis sustentable no tempo", di Peio Balausteguigoitia, country manager do BBVA en España.

Noticias web

14/04/2021