CRTVG

Buscar

O BBVA presentará un ere que podería afectar uns 3.000 empregados

Publicado o 13/04/2021 19:59
O BBVA presentará un ere que podería afectar uns 3.000 empregados

O BBVA reunirá o próximo venes os representantes sindicais para empezar a negociar un despedimento colectivo que afectaría tanto os servizos centrais coma a rede comercial da entidade financeira en España. O alcance deste primeiro ere do banco aínda está por definir, pero podería afectarlles a uns 3.000 empregos en España, un 10% do cadro de persoal.

Desde a dirección da entidade financeira indicaron que é imprescindible reducir agora a súa estrutura de custos para poder garantir o emprego futuro.

Noticias web

13/04/2021