CRTVG

Buscar

O BBVA e El Corte Inglés estudan reducir os seus cadros de persoal

Publicado o 25/02/2021 14:20
O BBVA e El Corte Inglés estudan reducir os seus cadros de persoal

O BBVA planea recortar o 10 por cento do seu cadro de traballadores. Serían uns 3.000 empregos en toda España. A entidade bancaria anunciou que están elaborando un plan para reducir custos que queren poñer en marcha neste primeiro semestre do ano.

Outro grande empresarial, El Corte Inglés, última un plan de axuste para solventar o buraco que a pandemia xerou nas súas contas. Entre as medidas podería estar unha redución do cadro de persoal cun programama de prexubilacións e baixas voluntarias incentivadas entre os seus 90.000 traballadores.

Noticias web

25/02/2021