CRTVG

Buscar

O Baxi Ferrol gaña en Gran Canaria e suma o segundo triunfo da temporada

Publicado o 10/10/2021 15:27

Gran remontada do Baxi ante o Gran Canaria. As ferrolás pasaron de perder de vinte puntos a gañar de nove. Logo dun primeiro cuarto para esquecer, Koenen e Patri Cabrera comezaron a anotar desde o perímetro para poñer no descanso ao equipo de Lino López a so cinco puntos das canarias. No treito final do encontro Jenna Allen deixou a súa pegada con cinco puntos de xeito consecutivo logo dunha actuación ben convincente. Dúas vitorias e dúas derrotas para entrar entre os cinco mellores equipos deste inicio de campionato.

Co mesmo número de triunfos e derrotas está o Durán Maquinaria Ensino, que apañou a segunda derrota consecutiva. Caeu con claridade, por 21 puntos de diferenza, na pista do Cadí La Seu, líder da competición, con catro de catro. O equipo lucense comezou ben, mandando no primeiro cuarto, pero foi vítima da súa precaria condición física. Con catro lesionadas e unha rotación de só oito xogadoras, viuse superado por un rival moito máis enteiro. As lucenses deberán axustar o equipo en defensa, onde son o segundo conxunto do campionato que máis puntos recibe, porque en ataque son un cadro moi anotador, tan so por detrás de Cadí La Seu.


 

Noticias web

10/10/2021