CRTVG

Buscar

O Basquet Coruña viaxa a Granada para o seu primeiro partido de semifinais de ascenso á ACB

Publicado o 01/06/2021 20:46

O Leyma Basquet Coruña viaxa a Granada tras unha semana de descanso, froito da súa vitoria en dous partidos fronte ao Oviedo na eliminatoria de cuartos. Chega, en aparencia, máis fresco ca un rival que tivo que recorrer á prórroga do terceiro partido para se clasificar.

"Pode ser unha vantaxe ou non. Tiveron un partido difícil, unha eliminatoria moi complicada, igualada, e poida que iso faga que suban o seu nivel de competición", reflexiona Belemene.

Non se esquece na Coruña que o Granada foi o mellor na fase regular, pero o Leyma gañoulle un dos dous partidos e quedou a unha soa vitoria dos andaluces na táboa.

"A eliminatoria vai ser moi igualada e só nós podemos poñer os nosos propios límites. Sinceramente, creo que somos un equipo moi perigoso que non lle tememos a ninguén", apunta o pivote do Leyma Básquet Coruña.

Os laranxas cruzan a Península de punta a punta en autocar á busca dunha vitoria que queren facer valer o sábado en Riazor para evitar un terceiro encontro.

Noticias web

01/06/2021