CRTVG

Buscar

Exhibición do Basquet Coruña en Burgos (50-78)

Publicado o 10/11/2020 21:34

En baloncesto, o Leyma Básquet Coruña recuperou esta tarde o partido aprazado da primeira xornada ante o Tizona Burgos. E a piques estiveron de non o poder xogar porque un problema na mesa detivo o encontro durante máis de media hora.

Os coruñeses deixaron ben claro desde o comezo a diferenza entre un equipo que aspira a todo e outro que acaba de ascender á categoría. O primeiro cuarto resume o encontro, o Tizona meteu só unha canastra en xogo e dous tiros libres. 4-22 tras os primeiros 10 minutos.

A partir de aí a diferenza mantivose sempre preto dos 15 puntos a prol do conxunto galego, que nunca viu perigar a vitoria, a primeira da temporada para os de Sergio García.

Noticias web

10/11/2020