O Básquet Coruña encara o primeiro asalto das semifinais de ascenso
Nos cuartos de final, o Leyma rachou un vello espantallo ao se impoñer na antes inaccesible cancha do Oviedo. Agora tócalle o máis difícil aínda: facelo na do primeiro da Liga, o Granada, onde perdeu por nove puntos na fase regular.
"Son un equipo top nesta liga, con xogadores de primeiro nivel. Xogan nunha pista no que o seu público aperta e lles axuda. Somos conscientes de que temos que facer un partido moi completo para poder gañar alí", reflexiona o seu adestrador.
Sergio García pide máxima implicación defensiva e intelixencia para aproveitar as obrigas do favorito.
"Eles teñen esa tensión de ter que sacar o primeiro partido. Imos coa idea de baleirarnos porque sacar ese primeiro partido podería ser fundamental".
Será quen o Leyma de dar ese paso de xigante para que para poder sentenzar en Riazor? Verémelo, esta noite, na G2 (21:00).