CRTVG

Buscar

O barrio vigués de Teis busca a mellor tapa e impulsar o comercio

Publicado o 09/09/2021 21:00

A presentación das tapas é moi importante para vencer neste concurso, pero sobre todo o sabor. Doce locais do barrio vigués de Teis compiten por ofrecer a mellor receita en pequeno formato.

Esta é xa a oitava edición, e aseguran os responsables dos locais que están sorprendidos polo numero de clientes que están a recibir, chegados mesmo de fora de Vigo.

Os que aínda non se achegaron, están a tempo. Ata o sábado, poden percorrer o barrio vigués de Teis na procura da mellor tapa.

Noticias web

09/09/2021