O barrio prohibido do Papagaio, na mirada dos fotoxornalistas Xosé Castro e Óscar París
Publicado o 07/11/2020 11:00
'O piano pola xanela' é a primeira exposición integramente conceptualizada, comisariada e producida por FFoco. É a memoria fotográfica do xentrificado barrio do Papagaio a través da ollada de Xosé Castro, Pepucho, e Óscar Corral, son dúas xeracións de fotoxornalistas curtidos nas rúas da Coruña.
O Papagaio foi o maior barrio chinés galego da posguerra e agora é unha área residencial de luxo.