CRTVG

Buscar

O barrio coruñés de Novo Mesoiro, a piques de quedar sen ningunha oficina bancaria

Publicado o 22/09/2021 14:42

A oficina que o Sabadell ten no barrio coruñés de Novo Mesoiro podería ter data de caducidade. Está, supostamente, na listaxe das 26 do total de 48 que a entidade ten na provincia da Coruña que van baixar a reixa.

E é que hai uns meses, en Novo Mesoiro, xa pecharon outras dúas oficinas: a de Caibank e a do Santander. Así que, supostamente, a partir do 18 de outubro, aos arredor de 7.500 veciños deste barrio só lles quedará unha oficina de Abanca no polígono industrial de Pocomaco ou operar a través da banca electrónica. Opcións que amolan a moitos.

Din que van loitar ata o final para tratar de manter o servizo.

 

Noticias web

22/09/2021