CRTVG

Buscar

O barril de petróleo Brent segue en caída e está por debaixo dos 20 dólares

Publicado o 28/04/2020 09:21

O petróleo Brent segue en caída, arrastrado polos problemas de almacenamento dos Estados Unidos. Perde o sete por cento e este luns cotizou por baixo dos 20 dólares por barril.

Os recortes de produción non chegan para compensar unha demanda afundida pola crise da COVID-19. As plantas en que se almacena o cru están ao límite.

Noticias web

28/04/2020